• Vilagarcíaenbici
  • vaibike!
  • Estacións
  • Descarga de impresos
  • Contacto

Acceder

Usuario    
Contrasinal    

Recuperar contrasinal
Rexistrarse
Concello de Vilagarcía de Arousa
INEGA
IDAE
Tuimil Electricidad, s.a.

vaibike!

QUE É vaibike!?
vaibike! é un servizo de préstamo de bicicletas posto en marcha polo Concello de Vilagarcía co fin de promover unha alternativa de transporte limpo e seguro, mellorando o medioambiente e con iso a calidade de vida dos cidadáns.

QUEN PODE SER USUARIO/A DE vaibike!?
O servizo de préstamo de bicicletas está aberto a vilagarciáns e visitantes que teñan máis de 18 anos. Tamén poden ser usuarios aqueles cunha idade comprendida entre os 16 e os 18 anos, pero para iso deberán aportar unha autorización de calquera dos pais ou do seu titor legal.

COMO ME PODO DAR DE ALTA?
O servizo está centralizado nunha oficina no parque do Cavadelo. Alí deberás entregar a seguinte documentación:
- Instancia en modelo normalizado.
- Unha fotocopia do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
- No caso de menores, a autorización dos pais ou do titor legal.
Unha vez comprobados os datos, ou usuario recibirá unha tarxeta de préstamo de carácter persoal e intransferible.

COMO FUNCIONA O SERVIZO?
Para retirar unha bicicleta só tes que achegarte a unha das cinco estacións de bicis existentes no municipio, pasar a túa tarxeta polo lector óptico e esperar a que se desbloquee a bici. Podes devolver a bici en calquera das estacións. Lembra que tes un tempo limitado para facelo: dúas horas dende que a retiraches.

CANTO CUSTA?
Existen dúas modalidades de pago, tres (3) euros polo uso temporal do servizo (de 1 a 31 días) ou doce (12) euros polo uso anual. No caso de tarxetas novas ou duplicados de tarxeta o usuario deberá aboar tres (3) euros de gastos de expedición.

QUE FAGO NO CASO DUNHA INCIDENCIA?
No caso de calquera incidencia (avaría, accidente, roubo ou perda da bici ou da tarxeta, etcétera) o usuario está obrigado a dar conta de inmediato ao encargado do servizo (oficina do Cavadelo), con independencia de presentar, de ser o caso, a correspondente denuncia ante a Policía ou a Garda Civil.

CALES SON AS CONDICIÓNS DE USO?
- As bicicletas son de propiedade municipal, pero os seus usuarios son os únicos responsables dos danos causados a súa persoa, a terceiros ou a calquera ben moble ou inmoble.
- Os usuarios en ningún caso poderán prestar, alugar ou usar a bicicleta para fins non previstos no servizo.
- Tampouco poderán facer calquera tipo de manipulación nin usala en competicións ou contravir as normas de circulación.
- O incumprimento das normas (uso dilixente, tempo de devolución, etcétera) pode derivar en sancións que van desde a inhabilitación temporal á indefinida, en función da gravidade do acto.
- Recoméndase o uso do casco protector da cabeza e de materiais reflectantes.

CALES SON AS CAUSAS DE BAIXA NO SERVIZO?
A baixa do servizo pode darse por iniciativa propia, pero tamén polo incumprimento das normas, por exemplo:
- Non devolver a bicicleta no tempo establecido, o que é causa de inhabilitación temporal: un día se é dentro do horario do servizo; tres, se é fóra.
- Non usar a tarxeta persoal no período dun ano. Para recuperala terías que inscribirte de novo.

DONDE PODO COLLER/DEVOLVER UNHA BICI?
En calquera das cinco estacións disponibles:

1. Alameda do Carril.
2. Estación do Ferrocarril (avenida de Moreira Casal).
3. Oficina central de VaiBike! no parque do Cavadelo.
4. Avda. de Cambados, en Fontecarmoa.
5. Parque de Dona Concha, en Vilaxoán.
Podes ver a súa situación na páxina de estacións.

CANDO PODO USALA?
Unha bicicleta pode ser usada en períodos de dúas (2) horas. Pasado ese tempo, o usuario deberá devolvela e, de ser o caso, esperar un mínimo de cinco (5) minutos para coller outra. O horario varía ao longo do ano:

CALENDARIOHORARIO
Do 1 de maio ao 30 de setembroDe luns a sábado de 7:30 a 22:30 horas
Domingos e festivos de 10:00 a 22:30 horas
Do 1 de outubro ao 30 de abrilDe luns a sábado de 7:30 a 20:30 horas
Domingos e festivos de 10:00 a 20:30 horas
Lembra!: Non haberá servicio os días 1 de xaneiro, 16 de agosto e 25 de decembro

A QUEN E ONDE PODO DIRIXIRME?
Para darse de alta ou baixa ou comunicar calquera incidencia podes dirixirte a:
vaibike! Oficina Central: Parque do Cavadelo (antiga oficina de Turismo). Teléfono: 986 512 518.
Atención presencial: De luns a venres de 11:00 a 14:00 horas e sábados de 11:00 a 13:00 horas.
Atención telefónica: Durante o horario de préstamo.

Aquí dispós de máis información sobre as regras que rixen a utilización deste servizo.

Copyright © 2009 Concello de Vilagarcía de Arousa | Aviso legal