• Vilagarcíaenbici
  • vaibike!
  • Estacións
  • Descarga de impresos
  • Contacto
  • Inscrición

Acceder

Usuario    
Contrasinal    

Recuperar contrasinal
Rexistrarse
Concello de Vilagarcía de Arousa
INEGA
IDAE
Tuimil Electricidad, s.a.

Horario de verán: do 1 de abril ao 30 de setembro, de 7:30 a 22:30 horas.


Benvido a vaibike!


Situada ás beiras da Ría de Arousa e protexida polos montes Lobeira e Xiabre, Vilagarcía de Arousa é unha cidade chá, ideal para andar en bicicleta. Pero máis alá da comodidade, o fomento do uso da bici é un obxectivo do goberno municipal e unha peza básica do futuro Plan de Mobilidade. Usando este medio de transporte, limpo e seguro, contribuímos a mellorar o medioambiente e a un desenvolvemento sostible da cidade, pero tamén a vivir dun xeito máis tranquilo, onde o peón, a persoa, é o primeiro.

A humanización das rúas, o incremento de carrís e aparcadoiros específicos para bicis, as actividades lúdicas en torno a este medio de transporte e de lecer e, agora, este servizo de préstamo de bicicletas son algunhas das iniciativas postas en marcha polo goberno de Vilagarcía para lograr os obxectivos anteditos. Logralos, sen embargo, precisa da complicidade de todos: usando as bicicletas, respectando os automobilistas a quen as usan e os ciclistas a quen conduce ou camiña, en definitiva, convivindo uns e outros.

Co servizo de préstamo de bicicletas é posible desprazarse de norte (Carril) a sur (Vilaxoán) sen necesidade de coller un vehículo a motor, e todo ás beiras do mar. Tamén, coñecer as zonas rurais do municipio, que sen dúbida sorprenderán a máis de un. Hai cinco estacións a elixir e un cento longo de bicicletas, pero seguro que haberá máis no futuro. Queremos unha Vilagarcía en bici e isto só é comezo.


Vémonos na rúa. Vaibike!

Copyright © 2009 Concello de Vilagarcía de Arousa | Aviso legal